-
Visitas e premios
Durante a nosa III Feira do libro solidaria organizáronse varias actividades dende a biblioteca. A primeira foi a visita da escritora Sonia Mirón. Presentounos o seu novo libro No son mariposas, son elefantes. Nones Araujo estivo co alumnado do club de lectura de nais e pais falando da súa novela A madriña. Aproveitando o espazo…
-
Lecturas para Nadal
O Nadal é a época na que estamos coa familia e coas amizades, mais temos tempo para viaxar a outros mundos. E que mellor forma que lendo. Estas son as recomendacións de Biblioribeira para este Nadal
-
III Feira do libro solidaria
Un ano máis a biblioteca inaugura en decembro a súa feira do libro. Unha feira do libro especial, xa que busca ser solidaria con aquelas persoas da contorna que o precisan. Esta é a terceira. Xa levamos dous anos colaborando na recadación de produtos de hixiene persoal e alimentos non perecedoiros e achegando libros ás…
-
A ciencia na biblio
Novembro é o mes da ciencia na biblio. Dendo os distintos departamentos hai achegas de actividades para realizar nos recreos activos. Física, Química, Bioloxía, Matemáticas…
-
Recreos activos
Xadrez ou pasapalabra son algunhas das actividades fixas nos nosos recreos activos, pero cada ano xorden cousas novas. Desta banda temos como novidades dúas novas actividades. Os mércores reúnense nos recreos alumnado ao que lle gusta un dos xogos quebracabezas máis internacional, o cubo de Rubik. Unha actividade aberta a toda a comunidade educativa. E,…
-
Entrega de premios Quen o fixo?
As persoas premiadas por acertar os libros foron Noa, de 4ºB, que atopou ao asasino no libro A memoria da Choiva de Pedro Feijoo; e Ainhoa Caballero, que acertou que o «gato negro aforcado» se agochaba no conto de Allan Poe, «O gato negro».
-
De GAliZA a GAZA
O venres 3 de novembro tivemos, durante a hora do recreo, unha charla sobre a situación de Palestina. Unha ollada dende Galiza a Gaza a cargo do alumno voluntario da Biblio Roi Valverde.
-
Samaín
A biblioteca do IES Ribeira do Louro organizou varias actividades para celebrar o Samaín e o día de Mortos. Decorouse a biblioteca, organizáronse xogos de pistas para descubrir aos asasinos nos libros, tivemos sesión de lectura de textos de medo entre as actividades dos recreos activos, houbo alumnado que recomendou distintas lecturas para esta época…
-
Día das escritoras
O 16 de outubro está sinalado como o día das escritoras. Este ano en BiblioRibeira quixemos celebralo cunha lectura de textos escollidos polo noso voluntariado e profesorado.
-
Fiando historias
A nosa biblioteca ten este ano como tema «A roupa». E comezando con esta temática iniciamos os nosos concursos cun de microrrelatos. Así que se tes interese en escribir ou tes unha idea que sabes que encaixa, participa no concurso de microrrelatos de BiblioRibeira. Hai distintas categorías. Bota un ollo ás bases e comeza a…