III Feira do libro solidaria

Un ano máis a biblioteca inaugura en decembro a súa feira do libro. Unha feira do libro especial, xa que busca ser solidaria con aquelas persoas da contorna que o precisan.

Esta é a terceira. Xa levamos dous anos colaborando na recadación de produtos de hixiene persoal e alimentos non perecedoiros e achegando libros ás familias, alumnado, persoal do centro.

Este ano a feira estará aberta de luns a venres no recreo, dende o martes 5 até o xoves 21 de decembro. A feira estará atendida polo alumnado voluntario da biblioteca.

Como funciona?

As persoas que queiran levar un libro só teñen que entregar a cambio algún produto dos mencionados: cueiros de bebé, un paquete de arroz…

Ademais esta feira está cargada de actividades complementarias: visita das escritoras Sonia Mirón e de Nones Araújo e entrega de premios do concurso de relato curto.

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar