Recreos Activos

A biblioteca é un espazo de lecer. Onde o noso alumnado pode gozar con distintas actividades lúdico-didácticas durante o recreo. Dispoñemos dunha aula de estudo para aqueles que precisen traballar ou estudar durante o receso das clases. Mentres o resto do alumnado dispón do espazo da biblioteca para poder ollar as novidades que nos chegan, buscar un libro que queren ler… e tamén pasalo ben coas actividades programadas dende a biblio.

Comezamos este trimestre cos luns de pasapalabra. Imitando o famoso rosco do programa televisivo do mesmo nome, os rapaces e rapazas compiten por ver quen completa o rosco. Ou quen consegue máis preguntas acertadas no tempo estipulado. A diversión está garantida durante os luns de pasapalabra.

Pero esta non é a única actividade que tempos, recreos de xogos, de contos, de música… Na entrada da biblioteca temos os horarios dos Recreos Activos.

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar