II Feira do libro solidaria

Xa van dúas edicións da nosa Feira do libro solidaria. Polo Nadal, na entrada do centro, colócanse libros de expurgo da biblioteca ademais dos donativos de profesorado e alumnado que quere colaborar. Mesmo empregamos este espazo para entregar os premios de microteatro do concurso organizado pola propia biblioteca.

En que consiste?

A nosa feira do libro non busca conseguir cartos, senón comida e produtos de primeira necesidade que despois son doados a institucións de beneficencia.

Este ano a feira volveu funcionar moi ben e conseguimos un bo lote de produtos para doar.

Como funciona?

As persoas que se achegan á nosa feira poden mercar os libros do seu interese empregando como moeda produtos de alimentación non perecedoiros ou produtos de hixiene para pequechos (cueiros, cremas…).

O alumnado voluntario da biblioteca foi o encargado de rexentar a feira.

Por que nestas datas?

Faise no Nadal porque a feira está aberta durante a recollida de notas por parte dos pais así que estes, e non só o alumnado, tamén poden mercar. Ademais sempre podemos mercar un libro para agasallar nestes días.

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar